Oroxenia famatiniana

Reconstrución paleoxeográfica de Gondwana e Laurentia hai uns 70 millóns de anos antes da oroxenia famatiniana. A oroxenia famatiniana tivo lugar preto do límite da área marcada como "Río Plata". Os terreos e microcontinentes como Cuyania, Pampia e Chilenia fooron omitidos.

A oroxenia famatiniana ou oroxenia de Famatina (pola localidade arxentina de Famatina) foi un episodio de formación de montañas anterior ao erguemento dos Andes que tivo lugar no que hoxe é o oeste de Suramérica[nota 1] durante o Paleozoico, que orixinou a formación do oróxeno famatiniano, tamén chamado cinto famatiniano. A oroxenia famatiniana durou desde o Cámbrico tardío a polo menos o Devoniano tardío e posiblemente incluso o Carbonífero temperán, e a súa máxima actividade oroxénica tivo lugar hai de 490 a 460 millóns de anos.[1] A oroxenia implicou o metamorfismo e a deformación da codia terrestre e a erupción e intrusión de magma ao longo do arco magmático famatiniano que formou unha cadea de volcáns.[2] As rochas ígneas do arco magmático famatiniano son de carácter calcoalcalino e comprenden gabros, tonalitas e granodioritas. As rochas ígneas máis novas do arco son granitos.[1]

A relación da oroxenia cos batólitos de Achala e Cerro Áspero do centro da Arxentina non se comprende totalmente. Estes batólitos do Devoniano son posiblemente postoroxénicos.[3][4]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente

  1. 1,0 1,1 Alvarado, Patricia; Castro de Machuca, Brígida; Beck, Susan (2005). "Comparative seismic and petrographic crustal study between the Western and Eastern Sierras Pampeanas region (31ºS)" (PDF). Revista de la Asociación Geológica Argentina 60 (4): 787–796. 
  2. González, Pablo Diego; Sato, Ana María; Basei, Miguel A.S.; Vlach, Silvio R.F.; Llambías, Jorge (2002). Structure, metamorphism and age of the Pampean-Famatinian orogenies in the western Sierra de San Luis (PDF). Actas XV Congreso Geológico Argentino. Consultado o 18 September 2015. 
  3. Lira, Raúl; Kirschbaum, Alicia M. (1990). "Geochemical evolution of granites". En Mahlburg Kay, Suzanne; Rapela, Carlos W. Plutonism from Antarctica to Alaska. Geological Society of America Special Paper 241. p. 67–76. 
  4. Pinotti, L.P.; Coniglio, J.E.; Esparza, A.M.; D'Eramo, F.J.; Llambías, E.J. (2002). "Nearly circular plutons emplaced by stoping at shallow crustal levels, Cerro Aspero batholith, Sierras Pampeanas de Córdoba, Argentina". Journal of South American Earth Sciences 15 (2): 251–265. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy